Publicacións

Xa estamos baremadxs, non queda nada...

Non falta nada para comezar a pechar os destinos das nosas mobilidades. Aquí tedes os baremos provisionais das nosas convocatorias. Lembrade que temos cinco días hábiles para rectificar posibles erros nas valoracións, e comezar a menear as nosas mobilidades! Aquí quedan os baremos das tres convocatorias. Noraboa aos seleccionadxs!

Veñen as entrevistas!

Esta semana imos facer unhas entrevistas para comezar co proceso de selección. Atent@s! Deixámosvos aquí as convocatorias:

Atent@s! Remata o prazo!

Imaxe
Este xoves 12 de decembro remata o prazo de entrega de solicitudes. Non esquezas entregar a túa!

Como vai isto do Erasmus+?

Imaxe
Ollo!!! Non te perdas coa nosa convocatoria. Consulta toda a información sobre o proceso que tamén está na web do IES , e lembra que podes buscarnos polo centro ou enviar un correo cando queiras!

Reunión informativa sobre Erasmus+ para estudantes de Ciclo Superior

Imaxe
Atende! Estás en disposición de rematar a túa formación en CS neste curso 19/20? Queres adquirir experiencia noutro país e realizar alí as túas prácticas FCT? Vémonos este mércores no Salón de Actos do centro para unha xornada informativa na que presentaremos os programas para este curso e resolveremos as vosas dúbidas. Vémonos!

Reunión informativa sobre Erasmus+ para estudantes de Ciclo Medio

Imaxe
Atende! Estás en disposición de rematar a túa formación en CM neste curso 19/20? Queres adquirir experiencia noutro país e realizar alí as túas prácticas FCT ou viaxar como titulad@? Vémonos este martes no Salón de Actos do centro para unha xornada informativa na que presentaremos os programas para este curso e resolveremos as vosas dúbidas. Vémonos!